Pinna nobilis

Pinna nobilis

Pinna nobilis en Levanto, Liguria.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Pterioida
Familia: Pinnidae
Xénero: Pinna
Especie: P. nobilis
Nome binomial
'Pinna nobilis'
Linnaeus, 1758
Sinonimia

Pinna gigas Chemnitz

A Pinna nobilis é unha especie de molusco bivalvo da familia Pinnidae endémica do mar Mediterráneo. Pode alcanzar 120 cm de lonxitude e vivir máis de 20 anos.[2] A súa inserción no leito mariño é vertical, adoita habitar nos prados de posidonia e adoita ter unha cor escura.

Posúe un penacho piloso denominado biso co cal se poden confeccionar tecidos similares á seda ("seda de mar").

Especie en perigo crítico de extinción. Anteriormente existía unha gran cantidade destes individuos, pero a súa poboación viuse reducida até un 98% en certas zonas. Estes moluscos están ameazados pola pesca, a contaminación, a desaparición das pradarías de posidonia, os danos producidos polo arrastre de áncoras e a presenza dunha nova especie de protozoo esporulado, o Haplosporidium pinnae.[3]

  1. UICN (ed.). "Pinna Nobilis". Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  2. Zavodnik, D., Hrs-Brenko, M., & Legac, M. (1991). Synopsis of the fan shell P. nobilis L. in the eastern Adriatic sea. In the C. F. Boudouresque, M. Avon, & V. Gravez (Eds.), Les Especes Marines a Proteger en Mediterranee (pp. 169–178). Marseille, France: GIS Posidonie publ.
  3. "Ministerio para la transición ecológica". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 18 de abril de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy